22 de maio de 2017

ACTIVIDADE SOBRE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Na memoria de Agustín Fernández Paz.

O 12 de xullo de 2016 Agustín Fernández Paz deixounos para sempre, aínda non hai un ano e nós sentímolo moi preto. Desde a Augateca queremos renderlle a nosa particular homenaxe e para iso pensamos en ler a súa obra e compartir eses momentos.

E como no mundo hai moitas casualidades ímosvos contra un segredo que seguro lle gustaría.

Agustín Fernández Paz estivo destinado no IES Pedra da Auga desde o día 15-09-1.996 ata 31-08-1.999, pero pola súa intensa actividade profesional non chegou a exercer como docente no centro. Pasou pois fugazmente por aquí, pero con todo deixou a súa pegada a súa obra, por suposto, e ademais unha estraña presenza de si mesmo. Nos seus textos usa como recurso presenzas estrañas que crean certa tensión no lector e que o acompañan durante a lectura. Pois... do mesmo xeito que el facía, mentres desenvolvemos a actividade na Augateca sentímonos moi a gusto acompañados pola súa presenza amiga, el estivo, dalgún xeito, con nós.

Así o alumando de 2º da ESO coñeceu a súa obra e compartiu as lecturas do texto. Lembramos a Sara, o tío Moncho, a Illa de San Simón e todo o universo literario de Agustín. Tamén lemos tres cartas que non chegaron a destino, refrescamos un palíndromo de Gonzalo Navaza e visualizamos un traballo sobre o libro que foi levado ao Salón do libro de Pontevedra, co amor como pano de fondo.

Con este guieiro navegamos na Augateca pola augas de Noite de voraces sombras, acompañados por Agustín Fernández Paz.

Ningún comentario:

Publicar un comentario