Os alumnos de 4º
ESO realizaron un mural guiados polo departamento de lingua galega.
Unha exposición da obra do autor cos fondos da biblioteca estará
aberta ata o mes de xuño na nosa Augateca.
Ao longo desta semana os cursos da ESO e Bacharelato
participarán das actividades desenvolvidas para lembrar a figura e a
obra do autor homenaxeado: visitas guiadas á exposición no salón
de actos sobre a biografía e obra do autor, visionado dunha
curtametraxe de Vento ferido e lectura de diferentes textos do autor.
Confiamos en que gocedes coas nosas letras e da
Augateca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario