29 de outubro de 2020

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR COS LECTORES MÁIS ENTUSIASTAS

O alumno Pedro Estévez Losada, de 2ºBACH A, e o profesor Juan Martínez, foron os lectores que máis fondos levaron en préstamo o pasado curso.

 Disfrutan ca lectura e o transmiten!!!


Que mellor que agasallar aos nosos usuarios máis lectores, para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR
(24 de outubro).




O lema de este ano “Bibliotecas, sempre ao teu carón” lémbranos no noso caso que, inda que pechada a Augateca como espazo polas circunstancias tan complexas que estamos a vivir (este curso é un aula), seguimos ao servizo da comunidade educativa ofrecendo información ,recursos e préstamo de fondos a través do noso blog.






28 de outubro de 2020

NOVIDADES NO PRÉSTAMO DE FONDOS

 A PARTIR DO 2 DE NOVEMBRO RECUPERAMOS O PRÉSTAMO DE FONDOS GRADUALMENTE, CAS NOVIDADES QUE TEDES A CONTINUACIÓN:👀👇


6 de outubro de 2020

I CONCURSO STOP MOTION-LETRAS GALEGAS 2020

 Como xa os anunciamos en maio, este ano, por mor da situación derivada do Covid-19, decidiuse que o Día das Letras Galegas se adiaba ao 31 de outubro.

RICARDO CARVALHO CALERO é o autor homenaxeado neste 2020. No gadget ca firma e retrato de Carvalho Calero da columna dereita do noso blog tedes un link a páxina da Real Academia Galega onde se recolle unha extensa información sobre a súa vida e obra, e como figura destacada do galeguismo e do reintegracionismo.


Dende o IES Pedra da Auga,como froito da colaboración do Departamento de Galego e a Augateca, argallamos o I CONCURSO DE STOP MOTION 🎥do noso Centro.


😉Convidámosvos a que participedes enviando un vídeo stop motion sobre a súa vida ou obra.

Haberá agasallos para os mellores!!!

Consultade as bases na imaxe..👀👇






30 de setembro de 2020

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR

CONCURSOS EN LINGUA GALEGA

XIX Concurso de relato oral: Tíralle da lingua. Pode participar o alumnado que estude ESO e ensino postobrigatorio presentando unha gravación de menos de 5 minutos onde conte historias de base popular, de base literaria ou creación propia. As historias contaranse en galego e deberán enviarse antes do 26 de outubro ao correo videosgalego@gmail.com. Concederase un primeiro premio de 250 euros e un segundo, se o xurado así o estima, por valor de 150 euros.


Premios Youtubeiros 2020. Poden participar os maiores de 14 anos presentando un vídeo, varios vídeos ou unha canle de Youtube en galego antes do 23 de outubro. Débese cubrir un formulario de inscrición no seguinte enlace: https://youtubeiras.gal/Inscricion/
Establécense 12 premios: tres principais, valorados en 1000 euros cada un; e nove premios de 500 cada un.
Pódense consultar as bases en https://youtubeiras.gal/Bases
 
 
XXXIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón 2020. 

Poden participar os maiores de 18 anos presentando un poemario cunha extensión mínima de 500 versos e máxima de 800, en galego, antes do 23 de outubro.
Establécese un premio de 2500 euros e a publicación da obra.

Pódense consultar as bases na imaxe que se achega.👇👀



29 de setembro de 2020

UN BO LEMA PARA UN CURSO DIFERENTE

 

O lema elixido polas bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2020/2021, é XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR. Pon o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construción da persoa lectora a través das distintas actividades que programa e dos recursos que pon a disposición da comunidade educativa.

Cada libro que o alumnado ten a oportunidade de ler é unha ocasión para ampliar a súa imaxinación e aumentar os seus coñecementos, de aí a importancia da selección de lecturas que se pon ao seu alcance.

Por iso, a pesar de non contar coa Biblioteca como espazo de encontro, trataremos de facervos chegar novas invitacións á lectura a través deste blog.



28 de setembro de 2020

ESTE ANO NON TEMOS BIBLIOTECA, PERO TEMOS BLOG

 

Estamos de volta, pero este curso a Biblioteca vai estar fóra de servizo.

Como sabedes o seu espazo foi transformado nun aula de 3º ESO debido á necesidades xeradas polo protocolo fronte ao Covid 19 aplicado a todo o Centro.

Polo que non podemos acceder á Augateca. 

Tentaremos restablecer, polo menos, o servizo de préstamo de fondos unha vez teñamos instalado o equipo informático noutra localización.

Volveremos pornos en contacto convosco para anunciarvos como vai organizarse e continuaremos con actividades de difusión e pequenos proxectos a través do blog.

Feliz curso e moito ánimo!!!

1 de xuño de 2020

UNHA LECTURA, MOITAS POSIBILIDADES


Cando chegou á Augateca “Matar a un reiseñor” en versión novela gráfica, sentín o desexo de lela para rememorar aquela tenra historia e a súa extraordinaria adaptación cinematográfica que me conmoveran moitos anos atrás. Non me decepcionou, o resultado é excelente; o autor (Fred Fordham) capta maxistralmente a esencia do orixinal: guión, escenarios, caracterización e expresividade das personaxes transpórtante á Alabama de 1930 e mergúllante no corazonciño de Scout, a doce e ao mesmo tempo rebelde nena á que lle gusta ler, saber, escoitar e a través da cal imos coñecendo ás demais personaxes e o desenvolvemento dos acontecementos.
Todo iso apoiado nunha acertada elección visual: clásica, con cores suaves, planos moi ben elixidos, unhas composicións exquisitas e un certo toque de inxenuidade que conecta coa actitude por momentos pueril dos tres protagonistas infantís. Non só gocei moitísimo a lectura e contemplación lenta da obra, senón que me entraron ganas de ler de novo a novela. Unha relectura máis repousada que entón, saboreando frase a frase, levoume a profundar na psique de cada personaxe e a reafirmarme na idea de que esta é unha novela que todo o mundo debería ler porque retrata unha realidade que sempre está vixente por moito que a sociedade avance, en fin, un clásico con maiúsculas dos que nos fan crecer como persoas.





Se vos atrevedes coas dúas, recomendaría empezar pola novela de Harper Lee. Se es dos “alérxicos” á lectura e non che importa o “spoiler”, comeza polo cómic (quizais te animes despois co libro, que é máis rico en detalles) e por suposto, como broche de ouro, recomendo encarecidamente o visionado do filme “Matar a un ruiseñor” de Robert Mulligan, unha desas xoias que nos deixou a “sétima arte”.
Gloria