O alumnado experimenta instrucións para o control de dispositivos electrónicos básicos. A aprendizaxe dunha rutina de traballo que lles conducirá á construción de robots que interactúan coa contorna de maneira autónoma.O pensamento computacional aplicado á resolución de problemas é unha ferramenta esencial na consolidación das competencias básicas. Un espazo para a igualdade na que alumnas e alumnos cooperan crean e constrúen.
Nunha
Augateca
festiva,
engalanada xa de Nadal, tiveron lugar as dúas xornadas adicadas ao
obradoiro
de papiroflexia,
promovido desde o ESPAZO
CREATIVO
para construír un CALENDARIO
ROMBODODECAEDROco
que estrear o Novo Ano.
E
este foi o resultado
que cada quen levou para casa!!!😍👉
A
continuación tedes unha reportaxe
fotográfica 👀👇
para facervos a idea do éxito da convocatoria. Gracias a todos os
que colaboraron para
acadalo,
profes e alumnado voluntario.👏👏👏
Todos
temos un calendario no móvil, no ordenador, ... pero o ESPAZO
CREATIVO
bríndate a oportunidade de construír un ORIXINAL
CALENDARIO
para estrear o próximo ano.
Pon
a proba túa habilidade unha vez máis! 😅
2 de decembro de 2021
Tivo
lugar no recreo a primeira reunión do alumnado interesado no ESPAZO
CREATIVO
adicado á ROBÓTICA,
que estará aberto todos os xoves na Augateca
a partir de hoxe.
Hoxe,
Día
Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller,
a Augateca sumouse as actividades desenvolvidas no Centro con tal
motivo cunha exposición
na que recollemos o produto
final do PDI
no que víñamos traballando os dous últimos meses.
Nel
o alumnado de 1º de Bacharelato, nas materias de Plástica e de de
L. Castelá, a instancias da BE, analizou
e comentou unha selección
dos contos que EMILIA
PARDO BAZÁN
escribiu para denunciar,
no seu día, as
agresións contra a muller
nas súas máis variadas modalidades, desde a humillación ata o
maltrato físico, pasando polo abuso.
Cando
conmemoramos
100 anos desde o seu falecemento,
o seu contido, pese aos progresos, segue a ser parte da nosa
actualidade diaria.
Neste
vídeo 👇👇
podedes 👀unha parte da exposición, na
que o alumnado nos achega o compromiso feminista da autora dentro do
que foi unha obra extensa, de elevado nivel literario e temática moi
ampla, desde contos de misterio ata a novela naturalista.
Temos
expostos
algúns dos seus títulos máis representativos.