Estes
días de decembro foron especialmente festivos na Augateca. O
alumnado voluntario esforzouse en
crear un ambiente cálido, cunha preciosa decoración
de Nadal, para acoller no noso espazo unha gran
variedade de actividades, algunhas das cales fomos
anunciado xa desde este blog.
O
taller de pop-up elevou moito a
calidade e orixinalidade das postais
do Nadal que se presentaron ao concurso
que este ano,
cuxos premios entregamos o mesmo día que celebramos a
exposición con todas as
novidades incorporadas este trimestre aos nosos fondos.
🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅
Algunhas figuran na guía de lecturas,
coas recomendacións escollidas para estas vacacións, que vos
repartimos. Usade os códigos QR para acceder ás reseñas,
vídeos, etc.
Foi
un éxito a liga de xadrez 👏👏👏
e a charla-coloquio
sobre emigración;
🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄
e espertou verdadeiro entusiasmo a proxección da película “No corazón do mar”... así que cremos merecémonos un descanso!
Hai
uns días a Augateca recibiu un valioso agasallo. A doazón da
novela histórica"Triloxía de
Trajano", de Santiago
Posteguillo, por parte do administrativo do Centro,
Ignacio Rivero Madriñán. Ávido e esixente lector, accedeu a facer
unha pequena reseña desta mágnífica obra para o noso blog,
responsable en gran medida do seu interese por adentrarse cada vez
máis no coñecemento da Historia de Roma, ata acudir ás súas
fontes primarias.
“Monumental
novela histórica en tres libros.
Los asesinos del emperador"
narra los últimos años del principado de Domiciano a los que Trajano sobrevive a base de no llamar demasiado la atención. El
ritmo de la narración es trepidante y va combinando la historia
romana con los personajes novelescos que aportan conocimiento sobre
la vida de la gente de finales del siglo I de nuestra era.
"Circo
máximo" es, quizás, la mejor narración hasta ahora del
recientemente galardonado con el premio Planeta. Lo tiene todo: narra
el comienzo del principado de Trajano, llena de batallas campales, de
juicios en Roma, y, sobretodo, de carreras de cuádrigas. roma en
estado puro. toda la emoción de la Fórmula 1 de la época
salpimentada con amores imposibles, apuestas que nadie podrá pagar y
todas las campañas de conquista en la Dacia, contra el grandísimo
enemigo Decébalo y un papel estelar del arquitecto Apolodoro y su
puente sobre el Danuvio.
"La legión perdida" es
el tercer y último libro de esta serie. No es tan emocionante como
las dos primeras. Narra las campañas de conquista de Partia, repesca
lo sucedido en la campaña oriental de Craso siglo y medio antes (el
famoso craso error), llevándonos el relato no solamente ante los
partos, sino también hasta la India y hasta el imperio Chino, donde
sitúa a los nietos o bisnietos de la legión perdida por Craso en
Carras en el año 53 aC siguiendo así la "hipótesis de Li
Jien.
En definitiva, gran biografía del primer "princeps"
hispano en la Roma imperial. Muy recomendable como acercamiento a los
usos y costumbres de la época, o por el simple placer de leer, ya
que está escrita con rica prosa. Serás mejor de lo que eras después
de leer a Santiago Posteguillo, y entenderás mejor nuestra sociedad,
que sigue siendo tremendamente romana."
Ignacio
Rivero Madriñán.
Santiago Posteguillo, que
acaba de ser galardoado co Premio Planeta 2018, pola súa obra "Yo,
Julia" , iniciou a súa carreira literaria coa exitosa triloxía
Africanus, onde debulla a política e a sociedade da Roma republicana
a través das figuras dos militares e estadistas Publio Cornelio
Escipión e Aníbal. Estas novelas, tachadas de auténtico fenómeno
e merecedoras de grandes eloxios por parte dos expertos, lograron
vender até a data máis de 1.000.000 de exemplares. Camiño similar
leva a súa segunda triloxía, centrada no emperador Trajano e
finalizada en 2016, que xa acumula máis de 300.000 lectores.
Iniciamos
o proxecto “MOBY
DICK”deseñado
e coordinado pola Biblioteca, para conmemorar o bicentenario
do nacemento do escritor Herman
Melville,
do
que iremos dando conta ao longo do segundo trimestre e cuxos
resultados presentaremos con ocasión da celebración do Día do
Libro en abril. E
que mellor cunha película
que nos sitúe na orixe do noso interese
...
Como
xa acontecera no ano 2016 co proxecto "Feira da Luz", este
ano fomos galardoados pola Consellería de Educación, polo
proxecto desenvolvido o pasado curso, “Clepsidra. ASacra Orde do ALFIN”.👈preme
Un
proxecto interdisciplinario e colaborativo, coordinado pola Augateca
e destinado a contribuir a alfabetización informacional do noso alumnado.
No
desenvolvemento do proxecto participou todo o alumnado de 1º ESO, 2º
ESO, 3º ESO, 1º Bacharelato, 2º Bacharelato. E traballaron 9
departamentos didácticos, cos seus profesores, dun total dos 21 con
que contamos no Centro (Historia, Tecnoloxía, Matemáticas, Lingua
Galega, Lingua Castelá, Plástica, Bioloxía, Física e Química e
Música. Parabéns a todos!!!
O pasado curso tivemos a sorte de que
KOKI , Francisco Álvarez, se pasase pola Augateca para darnos a
coñecer a súa ampla obra, relatos e poesía en galego e castelán.
E precisamente fixámonos no seu libro “Ratas en Manhattan", que
adquirimos para noso fondo.
Sinopse
Esta
é a cara B do soño americano, a que non ven os turistas. Relatos
que falan do naufraxio de todos os soños, e a emigración que o
autor padece na súa propia carne. A nostalxia pola propia terra, a
sombra no rumor da alma. Estes son os protagonistas de Ratas en
Manhattan, heroes correntes cunha identidade invisible, escondida
moitas veces polo virus que borra a memoria.
Son historias que nos
levan a un espazo fronteirizo da loita pola supervivencia.
A
cabalo sempre entre A Garda, onde naceu, e New York, onde reside
dende 1984, falounos da súa experiencia americana e da súa faceta
como escritor,
O
venres teremos a oportunidade de que aborde o tema da emigración tan
ligado a realidade galega, e responda ás vosas preguntas.