14 de decembro de 2018

PREMIO V CONCURSO DE PROXECTOS COORDINADOS POLA BIBLIOTECA

Lográmolo de novo!!!😅👏👏👏

Como xa acontecera no ano 2016 co proxecto "Feira da Luz", este ano fomos galardoados  pola Consellería de Educación, polo proxecto desenvolvido o pasado curso, Clepsidra. ASacra Orde do ALFIN”.👈preme

Un proxecto interdisciplinario e colaborativo, coordinado pola Augateca e destinado a contribuir a alfabetización informacional do noso alumnado.

No desenvolvemento do proxecto participou todo o alumnado de 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 1º Bacharelato, 2º Bacharelato. E traballaron 9 departamentos didácticos, cos seus profesores, dun total dos 21 con que contamos no Centro (Historia, Tecnoloxía, Matemáticas, Lingua Galega, Lingua Castelá, Plástica, Bioloxía, Física e Química e Música. Parabéns a todos!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario