![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj_9_SKORDBFhpeDtmlLIQhMCAOVIL8i9ojKQkqk9OKdW6T75nqQiIhwiQZ2-PYSn-Lr6kMY3-hoz7d30LkRdTyr9vuN0jGtafXp9jGH0S-Z0ljGdPTiUg6TAhbTTrPTUDn_naVTxPpu2vJ/s400/encontro_escritor_2.png)
Sinopse
Esta
é a cara B do soño americano, a que non ven os turistas. Relatos
que falan do naufraxio de todos os soños, e a emigración que o
autor padece na súa propia carne. A nostalxia pola propia terra, a
sombra no rumor da alma. Estes son os protagonistas de Ratas en
Manhattan, heroes correntes cunha identidade invisible, escondida
moitas veces polo virus que borra a memoria.
Son historias que nos
levan a un espazo fronteirizo da loita pola supervivencia.
A
cabalo sempre entre A Garda, onde naceu, e New York, onde reside
dende 1984, falounos da súa experiencia americana e da súa faceta
como escritor,
O
venres teremos a oportunidade de que aborde o tema da emigración tan
ligado a realidade galega, e responda ás vosas preguntas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario